AÃnda que hoxe está considerado unanimemente como un dos grandes intelectuais galegos (e españois) da Ilustración, a figura de Benito Jerónimo Feijóo non contou sempre coa mesma popularidade. No marco do encontro B.J. Feijoo. Renovador do pensamento da Ilustración no 250 aniversario do seu pasamento (1676-1764) que se celebra hoxe en Ourense, diferentes especialistas analizan a recepción e mais a vixencia do seu pensamento.
O Consello da Cultura Galega celebra hoxe en Ourense a xornada B.J. Feijoo. Renovador do pensamento da Ilustración no 250 aniversario do seu pasamento (1676-1764), no que diferentes especialistas abordarán a vixencia das ideas do dominico e a súa pegada no século XXI. Pioneiro do pensamento ilustrado, este autor reuniu as súas ideas nos oito tomos do Teatro crÃtico universal e mais nas Cartas eruditas, que tiveron no seu dÃa un grande impacto. Defensor do empirismo, dunha xustiza de carácter máis humano, da consideración do galego-portugués como lingua e non como dialecto do castelán, o dominico non deixou nunca de lado os seus principios relixiosos. A influencia da súa figura, hoxe indiscutible, foi tamén recoñecida ao longo da súa propia vida. AÃnda que pode semellar raro, os ensaios deste padre eran auténticos bestsellers do seu tempo, provocaban colas diante dos postos onde se vendÃan e eran logo abondosamente discutidas e contestadas, tanto na PenÃnsula como a nivel europeo e mesmo desde Sudamérica. Isto deu pé tamén a unha intensa correspondencia do frade con diferentes persoeiros da época.
Esquecemento e reivindicación
No entanto, o tirón das obras do Padre decaeu logo da súa morte, e ao longo de boa parte do século XIX foi esquecido, cunha única reedición do Teatro CrÃtico en forma de escolma. Foi co gallo do bicentenario do nacemento do padre que xurdiron diferentes traballos sobre o proxecto. Unha primeira estatua en Ourense en 1876 darÃa comezo a unha institucionalización da figura que levarÃa con posterioridade a que se lle erguesen outras dúas efixies, en Samos e Allariz, xa no século XX. Canda a isto, o crecente recoñecemento do estudoso levarÃa a unha múltiple presenza no nomenclátor de rúas de todo o paÃs. No século XX a reivindicación do estudoso chegarÃa tamén de fóra de man de pensadores como Gregorio Marañón, Salinas ou o francés Delpy. Precisamente o xeito no que mudou a recepción de Feijoo no noso paÃs foi o eixe da conferencia coa que Francisco DÃaz-Fierros inaugurou o encontro.
Desde Galicia
Xa nos tempos do provincialismo, cara a 1840, AntolÃn Faraldo comezou o esforzos por reivindicar a figura do coñecido como Padre Mestre. A el seguirÃano, a finais do século XIX nomes como MurguÃa, decisivo na recuperación do nome deste sabio dentro dos esforzos por reivindicar a importancia de galegos ilustres ao longo da Historia. Curros EnrÃquez tamén realizou poemas laudatorios e mesmo unha obra teatral a reivindicar o papel do ilustrado, e mesmo desde a emigración galega comezou a se lembrar esta figura como un fito no pensamento galego, unha tendencia que apoiou o propio Castelao, a recoñecer a importancia do frade. En 1964, a coincidir co bicentenario da morte de Feijoo, Otero Pedrayo realizou a súa propia reflexión nunha conferencia sobre a vida e a obra de Feijoo, un ámbito ao que dedicara amplo tempo de estudo. A coincidir co encontro, o Consello da Cultura acaba de facer pública na rede esta peza, custodiada no Arquivo Sonoro de Galicia. En paralelo, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense publicou como peza do mes o primeiro documento impreso sobre o Padre, a súa folla de grado, dispoñible en pdf.
Debates
No entanto, nin sequera desde o galeguismo a reivindicación do traballo de Feijoo foi unánime. Non faltaron voces, como a de Blanco Amor que denunciaron o pouco interese que o autor prestou a temas nidiamente galegos, en contraste especialmente do seu correlixionario e discÃpulo o Padre Sarmiento. Un exemplo destas discordancias será o que aborda no encontro de Ourense Xosé Ramón Barreiro, que tratará sobre a ollada crÃtica encol deste autor que desenvolveron Concepción Arenal e mais Emilia Pardo Bazán. AsÃ, a primeira delas considerou o traballo do autor como unha luz nun tempo atrasado, mentres a segunda non deixa de recoñecer o seu mérito e a súa capacidade para apostar polo coñecemento cientÃfico e a loita contra a superstición no marco da doctrina católica.
De bestseller a longseller
Dalgún xeito, os traballo de Feijoo pasaron de ser un bestseller durante a súa vida a se transformar nun longseller ao longo do século XX, con perÃodos de maior e menor aceptación pero cunha presenza continua no debate cultural. Hoxe, boa parte do seu pensamento amósase aÃnda plenamente vixente, tal e como reflexionou na súa intervención no encontro LuÃs RodrÃguez Annes. Ademais, a obra do padre reflicte as caracterÃsticas da Ilustración na PenÃnsula, onde a pegada da relixión provocou orientacións filosóficas diferente ás doutros lugares de Europa.
Programa do encontro do Consello da Cultura sobre Feijoo.O Consello da Cultura Galega celebra hoxe en Ourense a xornada B.J. Feijoo. Renovador do pensamento da Ilustración no 250 aniversario do seu pasamento (1676-1764), no que diferentes especialistas abordarán a vixencia das ideas do dominico e a súa pegada no século XXI. Pioneiro do pensamento ilustrado, este autor reuniu as súas ideas nos oito tomos do Teatro crÃtico universal e mais nas Cartas eruditas, que tiveron no seu dÃa un grande impacto. Defensor do empirismo, dunha xustiza de carácter máis humano, da consideración do galego-portugués como lingua e non como dialecto do castelán, o dominico non deixou nunca de lado os seus principios relixiosos. A influencia da súa figura, hoxe indiscutible, foi tamén recoñecida ao longo da súa propia vida. AÃnda que pode semellar raro, os ensaios deste padre eran auténticos bestsellers do seu tempo, provocaban colas diante dos postos onde se vendÃan e eran logo abondosamente discutidas e contestadas, tanto na PenÃnsula como a nivel europeo e mesmo desde Sudamérica. Isto deu pé tamén a unha intensa correspondencia do frade con diferentes persoeiros da época.
Esquecemento e reivindicación
No entanto, o tirón das obras do Padre decaeu logo da súa morte, e ao longo de boa parte do século XIX foi esquecido, cunha única reedición do Teatro CrÃtico en forma de escolma. Foi co gallo do bicentenario do nacemento do padre que xurdiron diferentes traballos sobre o proxecto. Unha primeira estatua en Ourense en 1876 darÃa comezo a unha institucionalización da figura que levarÃa con posterioridade a que se lle erguesen outras dúas efixies, en Samos e Allariz, xa no século XX. Canda a isto, o crecente recoñecemento do estudoso levarÃa a unha múltiple presenza no nomenclátor de rúas de todo o paÃs. No século XX a reivindicación do estudoso chegarÃa tamén de fóra de man de pensadores como Gregorio Marañón, Salinas ou o francés Delpy. Precisamente o xeito no que mudou a recepción de Feijoo no noso paÃs foi o eixe da conferencia coa que Francisco DÃaz-Fierros inaugurou o encontro.
Desde Galicia
Xa nos tempos do provincialismo, cara a 1840, AntolÃn Faraldo comezou o esforzos por reivindicar a figura do coñecido como Padre Mestre. A el seguirÃano, a finais do século XIX nomes como MurguÃa, decisivo na recuperación do nome deste sabio dentro dos esforzos por reivindicar a importancia de galegos ilustres ao longo da Historia. Curros EnrÃquez tamén realizou poemas laudatorios e mesmo unha obra teatral a reivindicar o papel do ilustrado, e mesmo desde a emigración galega comezou a se lembrar esta figura como un fito no pensamento galego, unha tendencia que apoiou o propio Castelao, a recoñecer a importancia do frade. En 1964, a coincidir co bicentenario da morte de Feijoo, Otero Pedrayo realizou a súa propia reflexión nunha conferencia sobre a vida e a obra de Feijoo, un ámbito ao que dedicara amplo tempo de estudo. A coincidir co encontro, o Consello da Cultura acaba de facer pública na rede esta peza, custodiada no Arquivo Sonoro de Galicia. En paralelo, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense publicou como peza do mes o primeiro documento impreso sobre o Padre, a súa folla de grado, dispoñible en pdf.
Debates
No entanto, nin sequera desde o galeguismo a reivindicación do traballo de Feijoo foi unánime. Non faltaron voces, como a de Blanco Amor que denunciaron o pouco interese que o autor prestou a temas nidiamente galegos, en contraste especialmente do seu correlixionario e discÃpulo o Padre Sarmiento. Un exemplo destas discordancias será o que aborda no encontro de Ourense Xosé Ramón Barreiro, que tratará sobre a ollada crÃtica encol deste autor que desenvolveron Concepción Arenal e mais Emilia Pardo Bazán. AsÃ, a primeira delas considerou o traballo do autor como unha luz nun tempo atrasado, mentres a segunda non deixa de recoñecer o seu mérito e a súa capacidade para apostar polo coñecemento cientÃfico e a loita contra a superstición no marco da doctrina católica.
De bestseller a longseller
Dalgún xeito, os traballo de Feijoo pasaron de ser un bestseller durante a súa vida a se transformar nun longseller ao longo do século XX, con perÃodos de maior e menor aceptación pero cunha presenza continua no debate cultural. Hoxe, boa parte do seu pensamento amósase aÃnda plenamente vixente, tal e como reflexionou na súa intervención no encontro LuÃs RodrÃguez Annes. Ademais, a obra do padre reflicte as caracterÃsticas da Ilustración na PenÃnsula, onde a pegada da relixión provocou orientacións filosóficas diferente ás doutros lugares de Europa.
Folla de grao do Padre Feijoo.