Oitenta anos da súa entrada na Academia, 70 da publicación de Sempre en Galiza e 50 desde que se lle dedicou o DÃa das Letras. A Real Academia Galega quere lembrar o triple aniversario de Castelao que se celebra neste 2014. Para o conmemorar, a institución acaba de publicar no seu web Castelao na Academia, un volume que recolle os manuscritos da conferencia Arte e galeguismo, da narración O retrato e mais da disertación Humorismo, debuxo humorÃstico, caricatura acompañados dun limiar de Henrique Monteagudo. En paralelo, a RAG desenvolverá os vindeiros 16, 21 e 30 de outubro unhas xornadas nas que se analizará o perfil biográfico e polÃtico, literario e artÃstico do ilustre galeguista.
Castelao na Academia no web da RAG.Programa das Xornadas Castelao, de onte a hoxe.