Nove actores en escena, música, un texto de Shakespeare. E todo da man dunha compañÃa privada que ata o momento só representara obras de autores vivos. O Salón Teatro de Compostela acolle desde o pasado venres e ata o vindeiro 17 de outubro A tempestade, a ambiciosa proposta que Voadora pasou tres anos a soñar e que agora se fai realidade.
Logo de sete anos desde o seu nacemento, con varias producións ás costas e mútliplos recoñecementos no seu haber, o trÃo Voadora, composto por Hugo Torres, José DÃaz e Marta Pazos avénturase coa que é a súa proposta máis ambiciosa. En plena crise para o sector teatral, e nun momento no que priman os pequenos formatos, a compañÃa atrévese a montar A tempestade. O clásico de Shakespeare chega ás táboas con nove actores, música ao vivo e unha coidada posta en escena que inclúe cunha aposta por respectar o texto e mesturalo cunha dramaturxia contemporánea.
A elección
Segundo apunta Marta Pazos, directora da montaxe, a elección produciuse porque "é unha obra que contén un pouco todo o mellor de Shakespeare. Ten cousas Romeo e Xulieta, Ricardo III ou Falstaff. Ten amor, traición, comedia pura, moito humor, moita música e moita fantasÃa", explica. Nese sentido, e con gana de apostar por un autor clásico por vez primeira na súa historia a compañÃa elixiu A tempestade logo de peneirar diferentes textos. "Pareceunos unha obra que se adapta moito ao noso xeito de entender o teatro, préstase moito a xogar con ela e detectamos unhas ligazóns que estaban aÃ".
O respecto
Como se enfrontarse co xenio do dramaturgo de Stratford-upon-Avon non fose abondo, Voadora quixo ser o máis fiel posible ao texto orixinal, nunha adaptación para a que contaron coa colaboración de Fernando Epelde que tamén participa no proxecto como actor e compositor . "ApetecÃanos ver que acontecÃa. Tentamos respectar o máximo o texto, só cortamos aquelas partes que resumÃan o acontecido. No seu momento, no que a xente entraba e saÃa do teatro no medio da función habÃa moitos resumos e tiñan o seu sentido, hoxe pensamos que xa non", lembra Pazos. Canda a este respecto polo texto realizouse unha mudanza na ambientación do argumento. "Na nosa versión tiramos do metateatro e construÃmos unha historia paralela, aÃnda que o texto que se di é o de 1611", asÃ, a illa de Próspero transfórmase á súa vez nunha montaxe teatral dentro da obra.
Ambición
A falar de ambición e obxectivos estratéxicos, non deberÃa sorprender xa que a compañÃa levase tres anos a preparar esta produción, nin que desde o comezo tivese xa en mente un casting de actores concreto. "Cando escollemos a obra pensamos a quen podiamos chamar para facer os personaxes, e cremos que encaixan como anel ao dedo en cada un dos actores". Porque, por incrible que semelle, conseguiron ese casting. "Para nós é como un dream team, conseguimos xusto o que queriamos". Segundo explica José DÃaz, produtor da montaxe, "para nós isto é unha pequena mostra do talento dunha xeración que xa non é tan nova. Xente que en moitos casos vive fóra de Galicia ou ten compañÃas propias". Diego Anido, Fernando Pele, Borja Fernández, Sergio Zearreta, Iván Marcos e os propios José DÃaz e Hugo Torres son algúns dos nomes participan no proxecto.
A importancia dunha carreira
Aos novos nomes súmanse colaboradores clásicos de Voadora. "Todos os que estiveron noutros traballos con nós quixeron repetir, tamén os técnicos e os profesionais", explica o produtor, a recoñecer que a carreira previa da compañÃa tivo moito que ver en que conseguisen levar adiante esta iniciativa. "Se acabásemos de chegar sen dúbida serÃa moi complicado facer isto. non é que sexamos dos grandes, pero xa temos un traballo previo e vemos que cando traballas cunha persoa ou cunha institución e a experiencia é boa, son máis favorables a participar no seguinte proxecto", sinala DÃaz, a apuntar ademais a necesidade de contar cun bo proxecto. "Parte da nosa polÃtica é facer o que non fai ninguén, diferenciarse e conseguir proxectos atractivos", explica.
Unha produción complexa
A variedade nas fontes de financiamento foi fundamental para este proxecto. En total son catro coproducións, unha colaboración especial e nove colaboracións con empresas as que permiten que A tempestade saia adiante. "Buscamos todos os métodos, a comezar polos nosos propios aforros e carga de traballo. Optamos ás axudas de internacionalización da cultura de Portugal, que apoian o traballo de profesionais con compañÃas de fóra, e que se nos axeitaba moito porque precisamente habÃa xente alà con quen queriamos traballar", explica o produtor. "Cando conseguimos o apoio do o Centro Cultural Vila Flor de Guimarães, da MIT Ribadavia e do Centro Dramático, que nos cedeu espazo para os ensaios, envalentonámonos e fomos buscando outras colaboracións" . AsÃ, as compañÃas Teatro Bruto e Mafalda completan a nómina de coprodutores da obra.
Crowdfunding
A estes súmanse aÃnda outros apoios e patrocinios, incluÃndo a aposta polo crowdfunding na plataforma Verkami. "Co Verkami conseguimos pagar a dous ou tres actores. A obra Ãase facer do mesmo xeito aÃnda que non saÃse, pero asà puidemos adiantar pagos e permitiunos integrar o público durante o desenvolvemento do proxecto". En paralelo, a necesidade de ofertar recompensas neste proceso deu tamén na edición de diferente material de mercadotecnia da propia compañÃa. "Son cousas que doutro xeito non teriamos sacado, como a edición en DVD de cinco obras anteriores, un CD con 55 temas deses espectáculos, chapas ou bolsos". A isto sumouse o apoio das axudas de AGADIC á actividade escénica que "chegou no último momento. Xa tiñamos os actores, a xira e todo fechado. Este apoio permitiranos rematar ben o material e que a xente que capitalizara o seu traballo poida cobrar por el", explica o produtor.
Aviso a navegantes
De cara aos potenciais espectadores, a directora recomenda que para se enfrontar a A tempestade "vaian ao teatro sen ningún tipo de expectativa, que se senten na butaca e naveguen con nós no mar de ondas bravas. É unha viaxe na que pasarán por moitos estados. O dÃa da estrea en Compostela un espectador dicÃame que sarÃa moi emocionado, que riu cando tiña que rir, que chorou cando tiña que chorar e que Ãa para a casa cheo de emocións. Ese é o sentido do noso traballo, que a xente sexa diferente cando se erga da butaca". Para facilitar a asistencia, algunhas das representacións de Compostela contan cun servizo de garderÃa, que oferta aos máis novos a ocasión de participar en obradoiros teatrais mentres os maiores contemplan a obra.
Xira
Logo da presentación na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a obra iniciou a súa andaina a pasada semana no Salón Teatro de Compostela, onde poderá verse ata o vindeiro dÃa 15. A seguir, o proxecto visitará o Festival Internacional de Teatro de Ourense, (o dÃa 18 de outubro), Pontevedra (23), o Outono de Teatro de Carballo (25), A Coruña (30) e mais Arteixo (31 de outubro), nunha xira que promete bater marcas. "Antes da estrea xa tiñamos xa mais actuacións con esta xira que con todas as anteriores de Voadoras xuntas", explica DÃaz.
Máis proxectos
No entanto, non é este o único proxecto no que está embarcado a compañÃa. "Este mesmo mes de outubro imos comezar unha montaxe do Don Xoan de Moliere con actores maiores de 65 anos e centrado no amor na terceira idade", explica Pazos, unha proposta que se suma a O rinoceronte de Ionesco que puxeron a andar a comezos deste ano. "Temos moitos proxectos abertos, pensados a varios anos. É o noso xeito de traballar, gústanos darlle tempo ás cousas, é como facer un bo caldo", advirte Marta Pazos.