O CCG reflexiona sobre o papel e a situación actual do teatro amador

A xornada celebrarase o 28 de outubro

“O teatro amador é o alicerce en que nace e renace ao longo do século XX o teatro galego” explica Inma López Silva, especialista en crítica teatral é, xunto con Euloxio Ruibal, a coordinadora da Xornada de Teatro Amador. A cita, que terá lugar o vindeiro 28 de outubro, pretende situalo no lugar necesario do teatro galego. A xornada está composta de tres mesas redondas: Teatro, Arte e Lecer, Produción, difusión e público e Animación, Formación Canteira.