O Audiovisual Galego continúa a obter recoñecementos no exterior. AsÃ, The Turned, proxecto dirixido polo compostelán Andrés Rosende acaba de se facer co galardón á mellor presentación de proxecto (Pitching Project) no Fantastic Market que se celebrou en Austin, Texas. O traballo, baseado no filme Escape coa que Rosende obtivera o premio do Sindicato de Directores de America à mellor curta latina, aborda a temática vampÃrica deste a óptica da inmigración ilegal.
En paralelo, o documental A viaxe de Leslie de Marcos Nine, poderá verse fóra de concurso na vindeira edición da Seminci de Valladolid. O filme, que aborda o suposto derrubamento do avión no que viaxaba o actor Leslie Howard fronte as costas de Cedeira durante a Segunda Guerra Mundial, é un dos sete que se proxectan na nova sección Doc. España.