A XX edición dos Premios Carvalho Calero, que convocan anualmente o Concello de Ferrol e mais a Asociación Medulio ten xa os seus gañadores. Isaac Lourido, coa obra História literária e conflito cultural. Bases para umha história sistémica da literatura na Galiza impúxose na categorÃa de ensaio, mentres que Cris Pavón levou o premio de narrativa con A busca da orixe perdida das especies. O xurado, composto por Mercedes Queixas Zas, Miguel Mato Fondo, Xesús Constela Doce e Luis GarcÃa Soto, destacou a orixinalidade do traballo de Lourido, que aborda a literatura realizada no noso paÃs tanto en galego como en castelán. Pola súa banda, encol da obra de Pavón, apuntaron a capacidade da autora "para afondar na psicoloxÃa das personaxes" nun traballo que se centra na memoria.
O Concello de Ferrol anunciou a súa intención de incrementar a contÃa do galardón para vindeiras edicións, dos 3.700 euros actuais ata 5.000 para cada categorÃa.
O Concello de Ferrol anunciou a súa intención de incrementar a contÃa do galardón para vindeiras edicións, dos 3.700 euros actuais ata 5.000 para cada categorÃa.