Transformar temas clásicos do blues e do soul internacional en cancións con referencias galegas. Isto é o que levan xa un tempo a facer por escenarios de todo o paÃs o dúo Blues do paÃs, formado por Pepe King e Bieitta James. Agora, presentan o seu primeiro disco, Bateas do Mississippi, no que se poden atopar revisións de cancións como Sitting on the dock of the bay (Sentadiña no pantalán), I just want to make love to you (Mirarche o cu), Killing me softly (Mátasme amodo) ou Mercedes Benz (ChimpÃn). Está xa dispoñible na rede o vÃdeo do tema Non amoles, se chachi!, e o grupo adianta que desenvolverá unha xira de presentación ao longo deste outono.