O concello da Pobra do Caramiñal presentou onte o programa das XVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, que se celebrarán no museo consagrado ao autor na Torre Bermúdez, no corazón desta vila arousá. O programa deste ano inclúe conferencias de Xesús Alonso Montero, que explorará a relación entre SaÃd Armesto e Valle-Inclán, Siro López ou actores como Luis Zahera, Farruco Bernal ou Roberto Leal. As xornadas celebraranse do 3 ao 31 de outubro.