O 30 e setembro de 1924, hai noventa anos, comezaba a edición en Bos Aires dunha elegante revista destinada á diáspora. Chamábase Céltiga e foi fundada por Domingo Rial e Ramón Peña. Céltiga durarÃa no mercado ata o ano 1932 e chegou a imprimir 182 números. Hoxe, o Consello da Cultura Galega presentou a primeira dixitalización completa da publicación. Centos de páxinas cheas de talento e literatura dos anos vinte e trinta.
O Consello da Cultura Galega presentou hoxe a dixitalización completa de Céltiga, permitindo a calquera cidadán poder consultar nun repositorio dixital todos os números. Ata o momento estes estaban dispersos en varias coleccións institucionais e particulares. A dixitalización foi posible grazas á cooperación da Fundación Penzol, o Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, a Universidade de Santiago de Compostela, o Museo de Pontevedra e a Real Academia Galega.
Céltiga foi fundada como unha “revista cultural ilustrada” que contou coa colaboración de importantes persoeiros do paÃs e cunha liña editorial claramente galeguista. A revista dispuña de seccións como “Motivos de crónica” ou “El momento de Galicia” nos que se analizaba a actualidade galega e da colectividade, pero a revista tamén atendÃa á cultura contemporánea arxentina, ou da súa actualidade. Céltiga tamén informaba da actualidade galega en páxinas con noticias gráficas.