Versionar poemas a linguas como galego, letón, checo, éuscaro, chinés, romanés e sueco. Esta é a proposta de Con barqueira e remador o III Obradoiro Internacional de Tradución Poética que se desenvolve na Illa de San Simón entre o 13 e o 18 de outubro. Coordinado por Yolanda Castaño, o evento conta coa presenza dos creadores Karlis Verdins (Letonia), Katerina Rudcenkova (República Checa), Leire Bilbao (Euskadi), Marilar Aleixandre (Galicia), Alvin Pang (Singapur), Catharina Gripenberg (Finlandia) e Cosmin Perta (RomanÃa). Os participantes, co inglés como lingua vehicular, compartirán a experiencia de trasvasar os seus textos a diferentes idiomas. No programa inclúense recitais en Vigo, Pontevedra e Redondela, asà como unha mesa redonda sobre a tradución poética. Esta mesma tarde o Museo de Pontevedra acolle a presentación de Eno mar cabe quantÂ’i quer caber o volume que compila os textos da anterior edición do encontro.