AS VII Xornadas de Literatura de Tradición Oral explorarán os usos e crenzas dos amuletos e reliquias

Celebraranse o 25 de outubro e está aberta a inscrición

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) convocan as VII Xornadas de Literatura de Tradición Oral. Desta volta, dedícanas aos usos e crenzas asociados a reliquias na cultura tradicional galega. Entre os relatores estarán Maria Rosa dos Santos Capelão, Alfonso Blanco Torrado, Eusebio Rey Seara e Calros Solla, coordinados por Isidro Novo e Antonio Reigosa.