A sexta edición do Premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil foi para Andrea Maceiras. A obra Miña querida Sherezade valeulle á autora os 2.500 euros do galardón e será publicada por BaÃa Edicións. O xurado destacou "a excelente estrutura especular" e mais a "fluidez narrativa" dun traballo que parte das historias de As mil e unha noites. A novela de Maceiras está indicada para lectores a partir de 12 anos.