O Festiclown cumpre quince anos de historia e faino adaptando a súa fórmula aos tempos de crise e insistindo no seu papel de formador de clowns e cultura escénica. “Cando fixen a primeira programación no ano 1999”, explica Iván Prado, director do evento, “en Galicia non habÃa público nin compañÃa nin programadores, nin rede, nin subvencións. Isto era un ermo”. HoxendÃa, aÃnda que o Festival tivo que inventar fórmulas para sobrevivir, Galicia dispón de compañÃas e profesionais de pallaso que se curtiron nos programas e cursos do Festiclown.
Para cumprir quince anos, o Festiclown demostra estar en forma. En 2013 decidiron probar unha fórmula nova, pasando da habitual sede única a un formato multisede, repartindo a programación entre cidades e facendo, xa que logo, pequenas versión do festival en diferentes cidades. O Festival xa pasou este ano por Rivas-Vaciamadrid e por Rio de Janeiro, e comeza hoxe en San Fernando de Henares, seguindo por Palestina ata rematar en Lugo.
Este peculiar modelo, único en Galicia, veu dado polas circunstancias. “Hai tres motivos”, sinala Iván Prado, “sempre tivemos unha condición solidaria e internacionalista, e desde o primeiro ano sabÃamos que tiña que valer para apoiar causas de lugares onde a xente o pasara mal. O segundo motivo é que nos cansamos da dinámica consistente en ter que cambiar cada catro anos de concello porque cando cambiaba o goberno non eramos capaces de espertar as simpatÃas dos seguintes. E o terceiro motivo é a crise. Iso levounos a que no 2012 non houbese Festiclown en Galicia porque ningún concello tiña os 100.000 euros necesarios. Asà que tivemos que decidir que faciamos”.
O mundo como estratexia
Prado explica que a internacionalización foi, polo tanto, unha vÃa para compensar a difÃcil situación económica na que se atopou o FestiClown coa crise económica. Foi esta vÃa a que deu osÃxeno ao festival e a que permitiu que actuaran nel máis de 100 artistas e 2.000 alumnos participaran nos seus programas de formación, segundo datos da organización.
E é que a docencia é un dos elementos importantes do Festival. Iván Prado explÃcao cunha metáfora do corpo. “O pulmon do festiclown é a educación, o Formaclown. O corazón é a parte social, as caravanas, os documentarios... A cabeza sempre foi a mostra internacional, traer o mellorciño do mundo”. No 2014, en San Fernando de Henares, os obradoiros de formación serán levados a cabo por artistas como Leo Bassi, Emerson Noise e Ale Risorio. “O Festival foi unha escola de formación para pallasos e pallasas de Europa enteira”, asegura Iván Prado.
Preguntámoslle ao director do Festiclown polo 2015. El rise e conclúe: “2015? É unha incógnita”. Pero da incógnita seguro que volveremos a ter pallasos nas rúas de varios continentes.