A Xunta de Galicia deu a coñecer onte os gañadores dos Premios da Cultura Galega neste ano. Xosé Neira Vilas foi o galardoado na modalidade de Letras, recoñecéndoo como "un dos narradores que mellor describiu a dureza da vida campesiña e o sentimento de desarraigo do emigrante galego". No campo das artes plásticas recoñeceuse a GalerÃa Trinta, mentres o galardón de artes escénicas levouno o actor de dramaturgo Cándido Pazó. O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira mereceu a honra do xurado na categorÃa de Música, mentres no audiovisual recoñeceuse o traballo da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI).
O profesor David Mackenzie, primeiro catedrático de Estudos Galegos no mundo anglófono levou o premio da modalidade de Lingua, mentres o Grupo Marcelo MacÃas, que leva desde 1941 a traballar na arqueoloxÃa, fÃxose coa categorÃa ao Patrimonio Cultural. Finalmente, o Centro Pen Galicia viu recoñecido o seu traballo na modalidade de Promoción Exterior.
Cada un dos galardoados recibirá unha obra de Antón Pulido como premio nun acto que está previsto celebrar a finais deste ano.