O Pazo de Oca abrirá as súas salas en 2015

A data aínda está por decidir

Segundo Manuel Conde, voceiro da Fundación Casa de Medinaceli, o estradense Pazo de Oca -considerado como unha das máis fermosas residencias nobiliares de Galicia, abrirá as súas portas aos visitantes nos primeiros meses de 2015. Ata agora podíanse visitar só os xardíns do complexo, pero a nova oferta prevé que se poida percorrer a "casa vivida". As visitas serán, posiblemente concertadas nas que se poderán admirar os diferentes salóns da planta noble.