AÃnda que continúa a ser unha actividade maioritaria no noso paÃs, o consumo de televisión está a diminuÃr en Galicia. Tanto a nivel de canta poboación que desenvolve esta actividade como no tempo que lle dedica, este medio está a minguar a súa aceptación entre os galegos. A pegada das novas tecnoloxÃas, canda a demografÃa do paÃs explica unha tendencia que, no entanto, non semella afectar á radio. Repasamos o documento de traballo que o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega realizou sobre estes ámbitos.
En xeral, o consumo televisivo baixou cinco puntos desde 2007, e tamén o fixo o tempo dedicado ao mesmo, que se reduciu unha media de 15 minutos diarios nos últimos dous anos. Malia a estes descentos, seguimos a falar dun medio hexemónico na nosa sociedade, xa que ata un 92,6% da poboación recoñece seguila a diario e os aparellos para a recibir están presentes nos fogares do 99,7% dos galegos.
A Galega perde liderado
Malia a que a TVG conseguiu entre 2006 e 2008 varias veces ser lÃder de audiencia no paÃs, hai xa varios anos que o posto o disputan TVE 1 e mais Telecinco, que é a cadea xeralista máis seguida na actualidade, cun 19,2% de share, seguida por Antena 3 (13,5%), TVG (13,9%) e TVE 1 (11,2%). Destaca o escaso seguimento que acadan entre outubro de 2013 e maio de 2014 a segunda canle da TV autonómica (un 0,8% de share) ou de V Televisión, que fica cun 0,5%.
Pouco peso dos máis novos
A audiencia feminina supón o 58% do total da canle autonómica, con tendencia a ser cada vez máis. Ao tempo, o 46% de todos os televidentes habituais da Galega teñen máis de 65 anos e a maior parte vive en vilas de menos de 10.000 habitantes. Non esperta o mesmo interese este medio entre a audiencia infantil e xuvenil, que o segue en Ãndices moi reducidos. Cando menos asà se desprende dos datos do Anuario de las artes escénicas, musicales y audiovisuales de 2013 que elabora a SGAE e que empregou o Observatorio da Cultura como base para o seu estudo.
A radio é cousa do Oeste
En canto a radio, un 61,38% dos galegos segue este medio. A cifra, aÃnda que dous puntos por baixo da media estatal, sitúanos como a quinta comunidade que máis atende este medio. De xeito curioso, a audiencia concéntrase de xeito abrumador nas provincias da Coruña e Pontevedra, cun 40 e un 36% da audiencia respectivamente, mentres en Lugo e Ourense o seguimento fica no 12%. Son as provincias occidentais tamén onde os usuarios máis apostan por Internet e a Televisión como xeito de escoitar a programación radiofónica.
Os novos non escoitan
Por idades, os máis interesados pola radio semellan ser os ouviente de entre 35 e 44 anos, cun 22% de ouvintes. No entanto, case todas as demais franxas de idade presentan porcentaxes semellantes, a osiclar entre o 14% e o 19%. A grande mudanza vén pola banda das novas xeracións, onde semella que se dá unha acusada perda de interese polo medio. AsÃ, Tanto entre 14 e 19 anos como entre 20 e 24, unicamente un 6% da poboación atende a radio, segundo os datos do Estudio General de Medios. Do mesmo xeito, tamén se verifica nos últimos anos unha mingua na porcentaxe de fogares que contan con equipamento especÃfico para escoitar radio, un total do 93,3%.
Por emisoras xeralistas a suma das que fan parte da SER danlle o liderado a esta cadea, cun 14% de audiencia entre outubro de 2013 e maio de 2014, seguida pola radio COPE (6,2%) e a Radio Galega (6%).
Emprego
En paralelo a esta situación, o Observatorio da Cultura Galega verifica unha mingua importante no número de traballadores do sector radio e televisión a partir de 2011, superior á media da destrución de emprego. No entanto, o crecemento sostido de anos anteriores no emprego destas especialidades fai que o balance final entre 2009 e 2014 dea un saldo de só un 7,6% menos traballadores. No mesmo ámbito destaca a concentración do sector na provincia da Coruña, que abrangue un 81% dos traballadores.
O documento de traballo do Observatorio da Cultura Televisión e radio en Galicia.En xeral, o consumo televisivo baixou cinco puntos desde 2007, e tamén o fixo o tempo dedicado ao mesmo, que se reduciu unha media de 15 minutos diarios nos últimos dous anos. Malia a estes descentos, seguimos a falar dun medio hexemónico na nosa sociedade, xa que ata un 92,6% da poboación recoñece seguila a diario e os aparellos para a recibir están presentes nos fogares do 99,7% dos galegos.