A primeira obra de Lara Rozados, O caderno amarelo, impúxose na VII edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns, dotado con 3.000 euros. O caderno amarelo impúxose entre as 49 obras que se presentaron a esta edición. O vindeiro mes de novembre entregarase o galardón, que inclúe tamén unha escultura de Fino Lorenzo e mais a publicación da obra pola Entidade Local de Morgadáns. O xurado do galardón estivo composto por Xosé María Álvarez Cáccamo, Marta Dacosta, Araceli Gonda, Rexina Vega, Ramón Sandoval e Miguel Anxo Mouriño, que actuou como secretario.