Nova Galega de Danza protagoniza a sexta edición do programa Lúas de Outono que organiza a Fundación Manuel MarÃa en homenaxe ao poeta. Cando se cumpre unha década da desaparición do chairego, a iniciativa mesturará música, poesÃa e danza. A compañÃa de baile desenvolverá diferentes pezas do seu repertorio integrando ademais novos números baseados nos textos do poeta. Segundo destacou o secretario da Fundación, Alberto Ansede, a elección do grupo débese a que "Nova Galega de Danza integra nos seus espectáculos a tradición máis pura combinada con elementos de experimentación e vangarda que converten as súas creacións en algo verdadeiramente orixinal e único; do mesmo xeito Manuel MarÃa foi capaz de crear unha obra literaria que abriu camiños novos e orixinais partindo da tradición popular”. As entradas para o espectáculo que se celebra mañá, dÃa 16, no coruñés Teatro Colón a partir das 20:30 pódense recoller de balde no propio establecemento.
En paralelo, a Fundación anuncia a celebración de diferentes eventos para conmemorar o décimo cabodano do poeta. AsÃ, o vindeiro 6 de outubro está previsto un convivio na casa natal do autor, no transcurso do cal outorgaráselle a distinción Navalla de Manuel MarÃa a Felipe Senén e, de xeito póstumo, a Suso Vaamonde. Ademais, a entidade anuncia a publicación dun volume de cartas entre MarÃa e Otero Pedrayo e mais dunha nova edición do esgotado poemario Sonetos á Casa de Hortas.