tUnE-yArDs e Ólöf Arnalds protagonizan o Voces Femininas 2014

Actuarán en Ourense o 27 e en Vigo o 29 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
tUnE-yArDs e Ólöf Arnalds protagonizan o Voces Femininas 2014

Só dúas artistas compoñen o cartel deste ano do festival Voces Femininas. A cita especializada en músicas alternativas da escena internacional mantén a súa tripla sede en Madrid, Ourense e Vigo, e reúne este ano a estadounidense tUnE-yArDs e mais a islandesa Ólöf Arnalds. As actuacións celebraranse o vindeiro 26 de novembro em Madrid, o 27 no Teatro Principal de Ourense e o 28 no Auditorio de Afundación en Vigo. tUnE-yArDs chegará a Galicia a presentar o seu último álbum Nikki Nack, publicado en maio deste mesmo ano, e no que mestura electrónica e sons lo-fi acústicos. Pola súa bnada, Ólöf Arnalds amosará o seu traballo como cantautora e presentará Sudden Elevation, o seu disco de 2013.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Madrid, Teatro, Teatro Principal de Ourense...