Máis alá de interpretacións alarmistas sobre o uso da tecnoloxÃa, un estudo da Universidade de Santiago acredita que os mozos e mozas de Galicia xa asumen Internet como a súa principal canle de comunicación, teñen moitas destrezas no uso de tecnoloxÃas e dedican moitas horas do dÃa ao uso de Internet para fins moi diversos, nos que sobrancea a comunicación interpersoal. Será a fin da creba dixital?
A “creba dixital” é unha noción da socioloxÃa das tecnoloxÃas da comunicación que describe as caracterÃsticas diferenciais da poboación que ten acceso a Internet en relación á que non ten (ou non quere telo). En Galicia, a creba dixital é unha creba esencialmente xeneracional e, debido ao envellecemento do rural, tamén é en certo xeito unha división entre o mundo rural e o urbano. A creba dixital é indicativa da capacidade e o interese dunha sociedade ou colectivos para acceder a coñecemento e para empregar instrumentalmente as redes.
Sen embargo, os adolescentes galegos parecen ter saltado por esa vella fractura que nos acompaña desde os principios de Internet. Máis do 70% se conectan diariamente a Internet e máis dun 70% conéctanse entre unha e máis de cinco horas ao dÃa durante a semana, fundamentalmente desde móbiles (81.2%) e portátiles (41.5%).
Un panel online actualizado periódicamente
Asà o desvela o estudo Mocidade On Line, realizado a máis de 44.000 adolescentes entre os 12 e os 17 anos de 255 centros educativos. O estudo é froito do convenio entre o Valedor do Pobo, a ConsellerÃa de Cultura e Educación, a Axencia para a Modernización e Desenvolvemento tecnolóxico de Galicia e a USC. O sistema de avaliación é en liña e permite dispor de datos actualizados con regularidade.
Diestros e diversos en Internet
E os datos amosan que os adolescentes do paÃs manexan diversas destrezas con fluidez, se ben o seu principal uso de Internet é de comunicación interpersoal (un 75.3% se conectan para mensaxerÃa instantánea e un 66.7% para redes sociais, e máis da metade afirma estar rexistrado en tres redes sociais). Pero resulta moi interesante que, canda Tuenti, que é a maioritaria (71.3%), os adolescentes teñan a Twitter como a segunda rede máis usada (65.1%), logo Facebook (62.1%) seguida de Instagram (61%). A rede social fotográfica é unha das grandes sorpresas neste estudo.
De todos os xeitos, ademáis de comunicarse cos seus amigos, os adolescentes fan un uso regular e moi diversificado de todo tipo de actividades na rede. Por riba do 40% están accións como escoitar música en liña, ver series e pelÃculas, descarar ficheiros, buscar información para os seus estudos. Curiosamente, o correo electrónico só é usado por un 23% dos adolescentes (pode que substituÃdos polos sistemas de mensaxerÃa privada das redes sociais)
O fogar é determinante para a conexión (conéctanse pola tarde, na casa ou na súa habitación), e o teléfono móbil é un dispositivo que os acompaña durante toda a súa adolescencia (un 46% teñen o seu primeiro móbil entre os 11 e os 12 anos)