O lugar de Vilerma en Masie, Sarria, acolle o vindeiro sábado a homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle tributará a Xela Arias. Cando se fan dez anos do pasamento da poeta, unha delegación da AELG visitará a casa familiar de Arias, onde se descubrirá unha placa. Ademais, o presidente da Asociación, Cesáreo Sánchez Iglesias fará unha intervención e AntÃa Otero, MarÃa Xesús Nogueira, Marica Campo e Xulián Maure recitarán textos da autora.