Comezamos hoxe unha nova serie audiovisual: A lembranza do ollar. Trátase dun repaso a catro interesantes proxectos de arquivado e recuperación da memoria audiovisual e fotográfica. Nos documentais, achegámonos a fascinantes coleccións gráficas e coñecemos como os promotores destas iniciativas as recuperan e difunden. Unha serie inspiradora, elaborada nos textos e vÃdeos por Pablo Prado
Pasouoquepasou é unha iniciativa nada a mediados de 2013, derivada da colaboración entre o Departamento de Documentación e o de Internet na canle pública galega, e grazas á cal podemos ter ao noso alcance as imaxes máis relevantes que atesouran os fondos da TVG ao longo destes últimos 30 anos.
"Un espazo e un servizo públicos, adicados a compartir con toda a cidadanÃa galega", describe MarÃa Jesús López Elvira, directora do Departamento de Documentación da CRTVG e impulsora do arquivo histórico on-line pasouoquepasou.crtvg.es.
“Un proxecto que nos permite ver como foi a evolución da sociedade galega dende o ano 85 ata os nosos dÃas” explica Cruz GarcÃa del RÃo, unha das históricas reporteiras da televisión de Galicia, e a encargada de retransmitir a nova do embarrancamento e posteriores explosións do barco Casón en decembro de 1987. Sen dúbida unhas das imaxes máis impactantes das que podemos ver en pasouoquepasou.
Cada mes o site recolle uns 50 ou 60 vÃdeos novos, montados directamente dende os brutos orixinais, resumindo en dous ou tres minutos a esencia dos acontecementos máis relevantes da nosa historia recente, dentro dun amplo abano que vai dende o espectro polÃtico, cultural e social, ata o deportivo, musical, antropolóxico, etc.
Un proxecto que pretende ser claro e rigoroso na posta en valor do patrimonio audiovisual galego xerado pola canle pública, adaptando as imaxes do pasado á nova linguaxe da era dixital e das novas tecnoloxÃas.
Unha plataforma que tanto pode funcionar como apoio na pedagoxÃa nos centros docentes galegos, como un recurso tecnolóxico que ilustre as historias que perduran na nosa memoria.
“Pasouoquepasou non pretende ser un espello da programación da CRTVG, pretende ser un espello da historia galega” comenta MarÃa Elvira, para aclarar que este espazo non funcionará como outros espazos recopilatorios de fragmentos dos diferentes programas da TVG que tamén se recollen na web da corporación.
O proxecto ten unha clara vontade de salvagarda patrimonial e de difusión de coñecemento, tentando de configurarse como o que xa é, un arquivo histórico online de referencia no panorama audiovisual galego.