O OUFF, o Festival de Cine Internacional de Ourense, contará na apertura da súa 19ª edición, o 15 de novembro, cunha estrea emblemática. Será o filme A Esmorga, a versión cinematográfica da obra emblemática de Eduardo Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilar. Unha semana despois, A Esmorga chegará ás salas de cine comerciais. O OUFF celebrarase do 15 ao 23 de novembro.