María Jesús Álvarez, presidente da Asociación de Bibliotecarios Municipais de Galicia, manifestouse contraria á aplicación do canon de dereitos de autor nas bibliotecas públicas municipais, que considera un "repago", e insta á Xunta a facerse cargo do pagamento desta taxa, que será recadada directamente polas sociedades de xestión de dereitos. En Galicia, o canon polo cal as bibliotecas deben pagar 0.16 por prestamos, además de 0.05 por cada usuario. En declaracións a La Voz de Galicia, Álvarez manifestou que "non vai ser a Administración a que se faga cargo da reacadación, senón as propias xestoras dos dereitos de autor. Canto mellor traballes e maior número de préstamos teñas, maior pagamento. Isto vai en contra dos principios das bibliotecas públicas".