Abordar os retos da dixitalización e mais a internacionalización dos seus produtos son os actuais obxectivos estratéxicos da editorial Galaxia. Para se enfrontar a estes desafíos, a Xunta Xeral de accionistas da firma viguesa aprobaba onte unha ampliación de capital pola que pretende chegar a 600.000 euros nun prazo de dous anos. As novas accións poranse á venda en pacotes dun mínimo de 1.008 euros, e a editora asegura que xa obtivo 270.000 euros por esta vía. O proceso permitiralle a Galaxia pór en marcha Galaxia Dixital, unha plataforma para a promoción, difusión e comercialización de produtos culturais vencellados con Galicia.
Canda a isto, desenvolverase a anunciada creación dos selos Gatipedro e Mar Maior, destinados á venda de produtos en castelán e portugués orientados a España e Sudamérica. Para o vindeiro outono presentaranse os primeiros títulos da liña, que inclúen as novelas en castelán de Álvaro Cunqueiro ou Laura en el desierto de Antón Riveiro Coello entre outras propostas. Con posterioridades lanzaranse os traballos de Blanco-Amor en castelán e, para a Arxentina, títulos como a Historia de Galicia de Ramón Villares ou El vidrio roto. Cuentos para las Américas de Emilia Pardo Bazán.