Emigrantes e naúfragos protagonistas do novo libro de Manolo Rivas

Da man de Manolo

Para Manolo Rivas falar de Galicia é falar dun "país productor de emigrantes, de náufragos e de exiliados". Sen embargo en "A man dos paíños" (Xerais, 2000) ofrece unha visión antitópica vista a través da épica da xente anónima. Un libro que amosa o apego e a perda: dúas caras da mesma moeda.

Ver o que non se ve


Un relato de ficción ("A man dos paíños"), un xornalístico ("O album furtivo") e outro fotográfico ("0s náufragos") compoñen "A man dos paíños". Tres relatos que son tres maneiras de ollar, de reflexionar sobre o tema da emigración e do naufraxio. Unha historia circular que comeza e remata na Torre de Hércules que segundo Manuel Bragado, director de Xerais, "comproba o proceso de renacer". Algo no que logo incideu o propio autor ó considerar que existe un paralelismo entre a condición do supervivinte e a do escritor o que supón un renacemento, outra vida.













Relato psicolóxico



"A man dos paíños" amosa tres visións da mesma realidade, dende un punto de vista persoal. O relato de ficción ofrece unha historia irreal o que, para Rivas, " non significa que non fose verdade". Un relato obsesivo e psicolóxico que comezou sendo un encargo de dez folios dun xornal. Polo demais, o relato fotográfico, non foi máis que a "primeira e, pode que última incursión no mundo da fotografía" que amosa, a través da imaxe a estadía de Manolo Rivas en Londres durante un ano.





Simboloxía






A obra de Manolo Rivas está cargada de símbolos. Dende a estructura circular que comeza e remata na Torre de Hércules. Os paíños, aves amigas dos mariñeiros están presentes en toda a obra como os compañeiros e amigos dos navegantes e dos náufragos. Ademais, o faro é, para Rivas, o vértice do triángulo da súa infancia, e a primeira luz que ven os pescadores e os emigrantes. A luz do faron é de esperanza, pero tamén de saída, de adeus..