Sub Rosa chega con Vagalú

O grupo compostelán presenta nove temas de fusión electrónica no seu primeiro álbum

Retais de poemas de Ismael Ramos, Carla Carbatti ou Séchu Sende sobre unha mestura de "uros de son de guitarra, capas e capas de sintetizadores, voces falando máis aló da música; caixas de ritmos e toms salvaxes". Esta é a proposta de Sub Rosa en Vagalú, o seu primeiro disco. Nove temas gravados nos estudios A Ponte de Tomas Ageitos nos que a banda compostelá formada por Helga Blanco, Xalo Gayoso e Pulpiño Viascón experimentan sen medo.