O xurado do II Premio de PoesÃa Gonzalo López Abente decidiu conceder o premio a Laureano XoaquÃn Araújo Cardalda, profesor de Alemán no ensino secundario e tradutor, que ten traducido ao galego obras como A morte en Venecia de Thomas Mann ou as Opinións dun pallaso de Heinrich Böll. O xuradoi salientou da obra Os dÃas condenados. Fragmentos para un devocionario "a estrutura e forma do libro, un contido fresco e versos con moito simbolismo, asà coma o ritmo da composición e que o libro ten un fÃo condutor consistente". O autor recibirá 2000 euros máis a publicación do libro en Xerais e unha escultura da secretaria do xurado, Viki Rivadulla.