Nunha nota publicada no web da Real Academia Galega, a Executiva desta institución aclarou que non tivo responsabilidade na escolla de Filgueira Valverde para o vindeiro DÃa das Letras Galegas. No texto, lémbrase que é o plenario da institución o que, cos seus votos, realiza a elección do homenaxeado, e indica que ningún dos membros da executiva avalou a candidatura de Filgueira. No entanto, na nota, recoñecen que "unha vez decidido polo Plenario dedicarlle o DÃa das Letras Galegas 2015 a esta importante personalidade das nosas letras, a Comisión Executiva da RAG asume como propia a decisión do Plenario da Academia".
En paralelo, a xuntanza que convocou onte a Mesa pola Normalización LingüÃstica para buscar alternativas á homenaxe a filgueira desde a sociedade civil contou coa participación de colectivos como a Associaçom Galega da LÃngua, a Asociación de Escritores en Lingua Galega ou Editores de Compostela entre outros.
Os participantes acordaron publicar nos vindeiros dÃas un texto común no que se reivindicará a celebración das Letras como unha festividade que se debe desenvolver en positivo e na que a cidadanÃa debe ser protagonista. Asimesmo, anunciaron que de cara ao vindeiro mes de setembro agardan presentar unha proposta máis concreta coa que celebrar doutro xeito as Letras.