Unha mostra de produción propia centrada no son e na imaxe en movemento. Score é a grande aposta do MARCO para esta temporada. Unha exposición de produción propia que abre hoxe as súas portas e que se poderá ver ata o vindeiro 11 de xaneiro de 2015. Un proxecto ambicioso que confirma o interese deste centro por traballar con novos formatos e que amosa a importancia deste tipo de obras na arte actual.
As recoñecidas comisarias Anna Cestelli Guidi e Sarra Brill son as responsables de artellar unha proposta que conta con traballos de creadores internacionais, españois e coa única presenza galega de Diego Santomé. Meris Angioletti, Martin Arnold ,Eugènia Balcells & Eugeni Bonet, Guy Ben Ner, Manon de Boer, Tony Conrad, Keren Cytter, Anna Franceschini, Douglas Gordon, Ragnar Kjartansson, Annika Larsson, Christian Marclay, Dóra Maurer, Jacopo Miliani, Lis Rhodes, Manuel Saiz e ZimmerFrei compoñen o catálogo da mostra. "Esta exposición presenta 18 traballos que, de forma moi variada, abordan o tema da relación entre son e imaxe en movemento; dous medios que se basean nunha dimensión temporal", explican as comisarias. Obras de cinema e vÃdeo e instalacións sonoras compoñen unha mostra na que non hai nada estático.
Tendencia sonora
A oportunidade da mostra débese, segundo explican as responsables "á constatación dun maior interese na última década cara ao son nas artes visuais, cun incremento de exposicións, publicacións e sobre todo, traballos en torno a este tema. Coma se o son se convertese no tema e obxecto de investigación predilecto e que mellor reflexa, pola súa propia temporalidade, o mundo contemporáneo, sempre máis móbil e fluÃdo". Na mesma liña apuntan que " Son e imaxe en movemento dominaron a produción cultural do século XX, e son polo tanto linguaxes que falan directamente ao público". Score o tÃtulo da mostra, ten os significados de "partitura, estrutura, pero tamén corte ou rabuño" e serve "para mostrar un abano de prácticas artÃsticas que investigan sobre a relación son-imaxe dende diversas perspectivas Todas as obras da exposición exploran esta relación, do cinema experimental á videoarte, do cinema estruturalista ás instalacións máis propiamente sonoras".
Obras
Para se facer unha idea do que o públicio poderá atopar na visita ao Museo, Anna Cestelli Guidi e Sarra Brill apuntan como exemplos dos contidos da mostra "por exemplo, o filme experimental de Lis Rhodes, Dresden Dinamo (1974), onde se crea un xogo sonoro no que literalmente "o que ves é o que oes". Ou as proxeccións de diapositivas de Meris Angioletti, unha verdadeira orquestración de cor, luz e son. Tamén a obra de Diego Santomé, Cinematógrafo (7 metros 30 centÃmetros), un traballo poético e reflexivo sobre a idea mesma de proxección, onde a imaxe e o son son os do proxector". Canda a estes, "outros traballos investigan sobre a sincronÃa ou a asincronÃa de son e imaxe, con resultados completamente diferentes. Por exemplo o vÃdeo de Manon de Boer, Presto. Perfect Sound (2006), onde a imaxe é construÃda a partir do son. No vÃdeo God (2007) de Ragnar Kjartansson, en cambio, o "loop" creado pola súa voz é o contrario da perfección lineal da gravación.
Vantaxes e problemas
Apostar por unha exposición onde as obras non son permanentes, senón que se reproducen de xeito cÃclico, supón un certo desafÃo a nivel museÃstico. Segundo apuntan as comisarias "a dificultade, se se pode falar de dificultade como tal, deste tipo de obras 'temporais' é (valga o xogo de palabras) só unha cuestión de tempo: é dicir, precÃsase do tempo necesario para mirar e comprender a obra. As vantaxes, en cambio, son infinitas, porque se trata de formatos doadamente visibles e versátiles". Desde o MARCO pola súa banda, Iñaki MartÃnez Antelo, director do centro, recoñece que o proxecto supón unhas importantes adaptacións do espazo dispoñible. "temos a sorte de contar cun edificio de salas moi versátiles, e procuramos ser moi xenerosos cos espazos para mostrar as obras de cada un dos artistas nas mellores condicións, permitindo tamén que os visitantes poidan gozalas en toda a súa amplitude. Realmente o espazo da planta baixa aparecerá totalmente transformado, case irrecoñecible para o público, e estamos seguros de que sorprenderá".
Marca do MARCO
Non é a primeira ocasión que o MARCO se enfronta a un desafÃo deste tipo. "Ao longo destes anos abordamos mostras individuais e colectivas de artistas que xiran en torno ao son, e quizais sexa esta unha das liñas máis recoñecibles da programación do MARCO", explica MartÃnez Antelo. Mostras como A mostra invisible,Switch on the power, ou os proxectos individuais de Loreto Martinez Troncoso, Rita RodrÃguez, Massimo Bartolini, ou Escoitar.org, entre outros, son exemplos desta aposta. "É un modo de traballar que só se pode levar a cabo con mostras de produción propia, polo que non sempre é viable. Dentro das nosas posibilidades, a nosa intención é seguir xerando proxectos nesta liña, ademais de continuar abordando propostas individuais máis especÃficas e tamén revisando a traxectoria dalgúns artistas en diferentes proxectos".
Chegar ao público
Outra forma de desafÃo implÃcita nunha mostra deste tipo está na conexión do público con este tipo de obras. AÃnda que as comisarias aseguran que "son e imaxe en movemento dominaron a produción cultural do século XX, e son polo tanto linguaxes que falan directamente ao público", e apuntan que "o formato do vÃdeo converteuse dende hai tempo nun medio usual, moi presente en contextos institucionais e espazos de exhibición". No entanto, apuntan que con esta montaxe "trátase máis ben de animar o espazo expositivo. Sobre todo nun lugar tan especial dende o punto de vista arquitectónico como as salas do MARCO. Isto foi posible grazas a unha total e entusiasta implicación por parte do equipo do Museo, cos que traballamos en estreita colaboración dende o principio. Esperamos conseguir atopar o modo de que o espazo enteiro resoe coas proxeccións e sons, e que o público o goce". Desde mañá, 11 de xullo e ata o vindeiro 11 de xaneiro, as portas están abertas para verificar se o obxectivo se acada.