Non hai dúbida de que Valle-Inclán é un dos grandes escritores galegos de todos os tempos. A nova exposición do CCG, visitable no claustro de Fonseca da Universidade de Santiago, explora a relevancia internacional do escritor durante a súa vida a través das traducións, pero tamén as súas estreitas conexións vitais e artÃsticas con Galicia.
Ofrecemos hoxe un documental completo no que tres destacados expertos, Rosario Mascato (comisaria da exposición e profesora da Universidade do Minho), Margarita Santos (profesora da USC) e XaquÃn Núñez (profesor da Universidade do Minho) reflexionan ao redor do papel de Valle-Inclán na súa época, a presenza de Galicia na súa obra e as traducións e a visibilidade internacional do escritor.
A exposición
Este documental pódese ver no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, onde se acolle a exposición Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936], que pretende dar conta da dimensión internacional desta figura.
Son catorce paneis que pretenden exhibir os múltiples lazos de Valle-Inclán no mundo saxón (Estados Unidos e Reino Unido), en Europa (Francia, Portugal e Italia), Europa do Leste (foi moi coñecido grazas ao esforzo de diversos hispanistas que o traduciron). A obra de Valle-Inclán foi traducida ao sueco, romanés, portugués, polaco, letón, italiano, islandés, inglés, húngaro, holandés, búlgaro, checo e francés. Tamén podes consultar o catálogo nesta reportaxe.
A exposición estará aberta ao público no Claustro Alto do Colexio de Fonseca ata o 26 de setembro.
Catálogo da exposición: Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936].Ofrecemos hoxe un documental completo no que tres destacados expertos, Rosario Mascato (comisaria da exposición e profesora da Universidade do Minho), Margarita Santos (profesora da USC) e XaquÃn Núñez (profesor da Universidade do Minho) reflexionan ao redor do papel de Valle-Inclán na súa época, a presenza de Galicia na súa obra e as traducións e a visibilidade internacional do escritor.