A difusión internacional da figura de Ramón MarÃa del Valle-Inclán no seu tempo é o tÃtulo do seminario que se está a desenvolver ao longo do dÃa de hoxe no Consello da Cultura Galega. O encontro, que se pode seguir ao vivo no web da institución, analiza da man de diferentes especialistas a pegada que xa no seu dÃa tivo o traballo do insigne autor arousán fóra do noso paÃs. As súas viaxes a Francia ou Estados Unidos e as traducións da súa obra son algunhas das cuestións que se abordan no seminario. Precisamente as versións foráneas de Valle-Inclán son o eixe da exposición Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936) que se inaugura ás oito desta tarde no compostelán Pazo de Fonseca.