Un parón "indefinido". Asà anunciaba Ugia Pedreira, a cantante de Marful, a pausa que toma este grupo logo dunha década a explorar novos vieiros para a música de raÃz. A pausa por "motivos persoais", comezará logo da xira deste verán e deixa en suspenso o proxecto do novo diso da formación. Deste xeito, o grupo apunta que os concertos destes meses serán "moi especiais". A vindeira cita para o seguidores do conxunto é o vindeiro venres 4 de xullo no III Encontro de ArtesanÃa Tradicional e Popular de Galicia que se celebra en Agolada. A xira rematará o vindeiro 8 de outubro nas festas do San Froilán en Lugo. Ugia Pedreira tamén se retirará asimesmo doutros proxectos musicais, segundo asegurou nunha entrevista a La Voz de Galicia.