Este sábado o plenario da Real Academia Galega elixirá o persoeiro homenaxeado no DÃa das Letras Galegas 2015. O xornal dixital Praza Pública anuncia hoxe nunha nova as figuras finalistas para ser recoñecidos o vindeiro 17 de maio. A citar fontes da RAG, Praza apunta que son Carvalho Calero, Xosé Filgueira Valverde, Manuel MarÃa, Xela Arias e mais Celestino Fernández de la Vega os que chegan á xuntanza con cadanseus tres avais, necesarios para que a Academia os tome en consideración.