A difusión internacional da figura de Ramón MarÃa del Valle-Inclán no seu tempo é o tÃtulo da xornada que o Consello da Cultura Galega lle dedica o vindeiro 8 de xullo ao escritor arousán. Canda a isto, e no marco das accións para reivindicar a súa figura, o Consello tamén pon a andar no compostelán Colexio de Fonseca a mostra Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936) coa que se incide tamén na importancia que acadou en vida este autor. Catorce paneis repasan as súas ligazóns co mundo saxón, Europa ou Europa do Leste. Segundo explica o texto de presentación destas actividades, o Consello pretende facilitar "ver con outros ollos a figura de Valle-Inclán, un autor tan intemporal coma sometido ao imperio da súa época, e, neste caso, facer presente a materia de Galicia, que foi a alforxa onde atopou a maiorÃa dos seus dardos literarios".