Traducións de textos para outras linguas, un acto literario na Insua dos Poetas, unha exposición e publicacións a compilar artigos e cartas. A conmemoración dos 35 anos do pasamento de Eduardo Blanco Amor motivará un amplo programa ao longo do que resta deste 2014. A ConsellarÃa de Cultura anunciaba o pasado luns as actividades coas que se lembrará o escritor ourensán. Entre as máis destacadas, o pleno extraordinario que celebrará a Real Academia en Ourense o vindeiro 1 de decembro, ademais de participar nunha ofrenda floral canda ao Pen Club,a Deputación de Ourense e os alumnos e profesores do IES Blanco Amor.