É coñecida a represión que durante o franquismo sufriu unha festa tan tradicional e actualmente tan de moda coma o entroido. Aínda que hai xa tempo que estes festexos se celebran abertamente, non hai ano en que non se coñezan novas iniciativas para recuperalas nalgún punto do país. En moitas ocasións estas reinvencións do entroido danse desde zonas urbanas; os casos de Pontevedra, a festa da Pita en Ourense ou o Escabicheiro do barrio vigués de Teis son só exemplos.
Hoxe xa todas as grandes cidades galegas celebran un entroido case homoxéneo con desfiles, carrozas, concursos e bailes de disfraces. Sen embargo, unha celebración tan institucionalizada coma esta non chega na maior parte dos casos aos trinta anos de existencia. É o caso de Pontevedra onde, logo de décadas restrinxido a festas privadas e bailes en salas pechadas, o primeiro entroido moderno saíu á rúa aínda en 1984, e dotouse de orixinalidade recuperando un personaxe coma o loro Ravachol.
Cuestión de festa
Segundo sinala José Manuel Brea, un dos promotores do entroido moderno en Pontevedra, os disfraces saíron á rúa en 1984 fundamentalmente por interese dos empresarios hostaleiros. O daquela recente incendio da discoteca madrileña Alcalá 20 provocou medo a que a aplicación estricta da normativa de seguridade impedise a celebración dos bailes en salas de festas. Esta situación levou a moitos dos promotores destes eventos a reunírense e a tentaren levar o entroido á rúa. O apoio dalgúns dos participantes nos bailes, coñecedores da tradición que tiñan estas festas na Pontevedra anterior á Guerra Civil, fixo nacer as primeiras comparsas e o primeiro desfile, cun grande éxito de público.
A orixinalidade está no pasado
Xa no ano seguinte, e buscando antecedentes históricos da celebración estes pioneiros chegaron ata os comezos do século e coñeceron a historia do multitudinario e satírico enterro que se lle deu o luns de entroido de 1913 a Ravachol, o loro do coñecido boticario don Perfecto Feijoo. Considerouse a mascota especialmente axeitada para esta celebración e comezou o rito anual do velorio e enterro do loro, que cada ano se disfraza facendo referencia a algún feito de actualidade. Ademais do Ravachol, tamén recuperaron da idiosincrasia local a figura do Urco. Trátase dun rei que representa a festa e marca coa súa chegada á cidade o comezo do tempo dos disfraces. A orixe desta tradición remóntase ao entroido de 1877 cando a familia Muruais organizou unha humorística representación pública da batalla entre as tropas do invasor Urco e as de Teucro, mítico fundador da cidade.
A Festa da Pita
Un exemplo máis recente de recuperación de entroido urbano é o da festa da Pita. O barrio das Eiroás en Ourense volveu celebrar esta conmemoración en 1999 logo de trinta anos da anterior edición. A historia, segundo explican os organizadores, comezou a finais dos anos cincuenta. A voda dunha parella de viúvos motivou unha xeral retranca no barrio e fixo que os veciños lles solicitasen unha boa festa para celebrar o enlace. A negativa dos contraentes levou á xente á rúa con instrumentos improvisados para reclamar o pago da festa. Aínda que non está claro se a festa da voda se celebrou ou non, o que quedou como tradición foi conmemorar a algarada coa que se solicitaba o seu pago. O nome que se lle deu a esta xolda foi o de festa da Pita, alcuño co que era coñecida a noiva da voda.
Recuperación
A comezos dos anos setenta a festa decaeu e deixou de celebrarse. Houbo que agardar ata o último ano do século XX para que a asociación de veciños da zona a tirase do esquecemento e iniciase unha nova xeira deste. Ás habituais celebracións coma o domingo fareleiro ou o domingo oleiro, engadiuse, o martes de entroido, a celebración da voda da Pita, unha representación paródica da voda entre os dous viúvos. No ano 2001 a comisión organizadora recuperou ademais a Pita na forma dunha máscara que mestura elementos tradicionais e modernos. A Pita, sae agora, ademais de na representación da súa voda, durante o domingo oleiro.
Escabicheiro
Unha das últimas novas na recuperación do entroido en zonas urbanas veu desde o vigués barrio de Teis. Alí os veciños recuperan este ano o Escabicheiro, un personaxe que provén dos comezos do XX. A orixe da máscara está nos labregos que chegaban á cidade e traballaban recollendo os restos do peixe que se descargaba no Berbés. Estes labregos percorrían as rúas da cidade durante o entroido ataviados cun característico disfrace ata que, coma en tantos outros lugares, a Guerra Civil rompeu o costume.
Reconstruíndo a tradición
Para recuperar este personaxe os veciños de Teis tiveron que recorrer á escasa bibliografía existente sobre o tema, coma a obra La ciudad y los días de José María Álvarez Blázquez. A partir destas fontes reconstruíuse o traxe que quedou composto por elementos coma unha máscara (en referencia ao mal cheiro que debían soportar os escabicheiros no seu traballo), unha camisa branca, un chaleco adornado con símbolos astrais ou de animais e un pantalón de pano. Os escabicheiros tamén se cubrían cun gorro branco que levaba un bordado con forma de sol ou de lúa e levaba unha vasoira sen mango atada á súa faixa. Armado cunha vara ou con outros adminículos burlescos o escabicheiro percorría as rúas facendo burla dos paseantes. Sesenta e sete anos despois do seu último paseo, o escabicheiro impedirá camiñar tranquilo polas rúas de Teis durante o entroido.