Volta e Dalle Teatro estrea en Teo Dura Lex

Pepe Penabade protagoniza a nova montaxe da compañía

A historia dun maxistrado que crea unha máquina para facer xustiza. Esta é a base de Dura Lex a montaxe que Volta e Dalle Teatro presenta ás 21:30 horas de hoxe no Auditorio da Ramallosa, en Teo. O proxecto, protagonizado por Pepe Penabade parte dun texto de Carlos Santiago, que tamén codirixe a obra en colaboración con Comba Campoy. A crítica sobre o sistema de xustiza é o eixe desta comedia satírica.