O salón de claustros do instituto RosalÃa de castro acollÃa onte a presentación dos gañadores da XX Edición do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente. Nesta ocasión os alumnos dos centros de secundaria que participan nesta iniciativa seleccionaron A Vitoria do perdedor de Carlos G. Reigosa como mellor obra en lingua galega. Na categorÃa de castelán, o premio foi para Las reputaciones, do colombiano Juan Gabriel Vásquez e en lingua estranxeira impúxose La verdad sobre el caso Harry Quebert do suÃzo Jöel Dicker. O acto de entrega está previsto que se desenvolva a comezos de 2015, segundo a dispoñibilidade dos autores premiador, que reicibirán 3.000 euros cada un.