Carlos G. Reigosa faise co premio Arcebispo Juan de San Clemente en galego

Juan Gabriel Vásquez impúxose en lingua castelá e Jöel Dicker entre os autores estranxeiros

18/6/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O salón de claustros do instituto Rosalía de castro acollía onte a presentación dos gañadores da XX Edición do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente. Nesta ocasión os alumnos dos centros de secundaria que participan nesta iniciativa seleccionaron A Vitoria do perdedor de Carlos G. Reigosa como mellor obra en lingua galega. Na categoría de castelán, o premio foi para Las reputaciones, do colombiano Juan Gabriel Vásquez e en lingua estranxeira impúxose La verdad sobre el caso Harry Quebert do suízo Jöel Dicker. O acto de entrega está previsto que se desenvolva a comezos de 2015, segundo a dispoñibilidade dos autores premiador, que reicibirán 3.000 euros cada un.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos G. Reigosa, Carlos G. Reigosa, Rosalía de Castro, Lingua galega...