Fernando Reyes ponlle música ao Camiño

Lanza Viaxe a Compostela con parte do grupo Resonet

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Fernando Reyes ponlle música ao Camiño

As músicas do Camiño de Santiago nos relatos dos peregrinos Leo Von Rozmital, William Wey, G. Manier, Bartolomeo Fonana e Nicola Albani compoñen o eixe o novo traballo de Fernando Reyes acompañado de boa parte do grupo de música antiga Resonet no que el tamén milita. Carlos Castro, X.R.Martínez e Trinidad de Miguel acompañan o músico en Viaxe a Compostela, onde interpretan composicións antigas e propias para ambientar as viaxes que desenvolveron estes personaxes entre 1456 e 1742. Resonet xa publicara anterioremente diferentes traballos nos que vencella música e peregrinación.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Santiago de Compostela

Claves