Cun chamamento a que as institucións apoien o festival e garantan a súa continuidade fechaba na noite de onte a terceira edición do festival Primavera do Cine en Vigo. A gala de feche acolleu tamén a entrega dos premios do evento, seleccionados polo público asistente. Así, El Rayo de Fran Araújo obtivo o galardón á longametraxe, mentres Tupper de Ángel Manzano foi escolleita como mellor curta e Wilda de José Araújo impúxose na categoría de videoclips. A organización salientou a alta puntuación media que obtiveron todos os filmes que se proxectaron no marco do festival.