Ângelo Torres de São Tomé e PrÃncipe, Ana Sofia Paiva de Portugal, Soledad Felloza de Uruguai e os galegos avÃs Pavós, Avelino González e PablÃsimo son os narradores que participan na terceira edición de Sete Falares. As prazas, rúas e teatro de Pontevedra acollen desde hoxe e ata o vindeiro domingo 8 este encontro dedicado á narración oral. Como novidade neste ano, o programa inclúe a celebración de Rutas de historias por Pontevedra guiadas polos narradores que participan no encontro. Ademais, haberá unha ruta en barco pola rÃa con historias a cargo de Avelino González.