Os habitantes dos pazos desenvolveron durante anos unha auténtica subcultura no seo do noso país. Convivindo co mundo labrego mais con acceso á cultura escrita, relacionándose fundamentalmente con outros membros do seu mesmo estamento e en contacto con correntes foráneas, os fidalgos marcaron en boa medida o decorrer da cultura galega.
Cregos, antigos escudeiros, fidalgos rentistas, militares, membros de vellas e de novas linaxes O panorama dos habitantes dos pazos que hoxe agrupamos no epígrafe de fidalgos amosa na realidade unha incrible variedade que vai desde os habitantes de donos do Pazo de Oca ata pequenos propietarios. Era un colectivo moi heteroxéneo. A idea da fidalguía é un termo moderno para entendermos un grupo social cuns elementos que o distinguen, ollado desde fóra, pero que cara a dentro posuía moita variedade. No entanto, ollado desde hoxe, atópanse unha serie de elementos comúns que permiten falar cunha cultura pacega vencellada ao lugar por excelencia deste estamento social. Era un grupo xurídica e fiscalmente privilexiado e economicamente favorecido, que aínda que vivían no mesmo contorno que o resto da poboación non necesariamente compartían a súa mesma cultura. Quen así fala é Carlos Andrés González, responsable da edición da obra El pazo de Tovar: espacios, perspectivas, tiempos. O volume fai parte dun proxecto de investigación co que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, integrado no Centro Superior de Investigacións Científicas, quere analizar a cultura pacega no noso país.
Crear a diferenza
Á hora de falarmos de cultura pacega, o primeiro que salta á vista é o elemento por excelencia que a define, é dicir, o pazo. Trátase unha obra material que se distingue pola súa arquitectura e simboloxía dentro do medio rural. O propio grupo social construía e desenvolvía elementos que os diferenciaba do común da poboación circundante. Polo xeral tiñan a súa capela con capelán particular, que a miúdo era o mesmo cura parroquia. Isto implicaba que os donos do pazo non ían aos oficios cos habitantes do contorno. Outros elementos como os escudos de armas ou a consciencia da liñaxe actuaban tamén como marcas identitarias que definían a condición de fidalgos en contraposición aos labregos. Os pazos eran microespazos no seu contexto. Aínda que vivían e cultivaban as súas terras de xeito indirecto ao carón das do resto da poboación, había pouca interacción cos labregos.
Distintos fidalgos
Este relativo illamento facía que os fidalgos cultivasen as súas relacións sociais dentro do mesmo estamento e, dada a dispersión dos pazos no territorio, a distancia. Pero ademais, a variedade deste estamento influía nas relacións que os membros do grupo mantiñan entre si. Había dúas grandes clases dentro do estamento. Estaban aqueles que tiveron que recorrer á xustiza para conseguir o seu recoñecemento como fidalgos, e aqueloutros que tiñan unha liñaxe coñecida. Nese sentido as relacións era horizontais, os de estatus máis elevado relacionábanse e casaban entre si, e o mesmo menos acomodados. A situación, no entanto, mudou cara ao século XIX, coas mudanzas no sistema de propiedade da terra e a conseguinte crise deste estamento. Moitos fidalgos comezaron a se incorporar a postos na administración ou cargos políticos, que lles permitían ascender socialmente aínda que tivesen pouco patrimonio, lembra González.
Incorporar influencias foráneas
No entanto, non deixa de haber moitos elementos que penetraron na nosa cultura da man dos fidalgos. Moitas foron achegas indirectas. Por exemplo, a nivel arquitectónico incorporaron influencias ao contratar mestres de obra e canteiros foráneos. Elementos como o patín ou a solaina, que despois acabaron presentes en vivendas populares, chegaron a través dos pazos, lembra González. Canda a arquitectura, o interese polo ornato e por vivir como se supuña que lle correspondía á súa situación, o que chamaban o decoro levou a que os fidalgos adoptasen diferentes innovacións. Dentro das súas posibilidades, unha das achegas que importaron foron os xardíns. Con influencia italiana ou francesa, segundo a época, incorporaron especies foráneas como o eucalipto, que trouxo Frei Rosendo Salvado, a camelia ou o buxo.
Cultivados
Canda a isto, tamén no interior dos edificios se deixaba sentir o espírito cultivado de moitos fidalgos. Os inventarios post mortem son unha fonte fundamental para sabermos como era o interior dos pazos, explica este investigador. Nos mesmos, canda a elementos para o uso cotián ou para o traballo do campo aparecen outros que amosan o refinamento, sempre dependendo das posibilidades económicas do pazo. Os intereses fidalgos non se reducían á decoración, e moitos dos membros deste estamento contaban cunha importante cultura. Temos habitantes que fan carreiras universitarias ou eclesiásticas, ou que teñen postos na administración, son escribas, notarios ou avogados. É xente que sabe ler e escribir, e entón nos inventarios aparecen bibliotecas, entendidas como tales coleccións de libros, xa que eran raros os pazos que contaban cun espazo específico con esta función. En moitos inventarios dise que os libros estaban usados e que mesmo hai ocasións en que coñecemos os títulos. Dependendo dos intereses do dono do pazo, atopamos títulos de dereito, teoloxía ou filosofía, pero tamén de literatura española ou foránea, por exemplo, ou clásicos franceses, latinos ou gregos. Canda a isto, hai casos como un dos donos do pazo de Tovar realizaba traducións de Aristóteles ao castelán. Ademais dos libros, tamén aparecen moitos cadros, a miúdo escenas relixiosas, e tamén mobles.
Emprendedores
Do mesmo xeito que os intereses culturais, houbo tamén nos pazos persoas con iniciativa empresarial. Fronte á imaxe dunha fidalguía rentista e ociosa que nos transmitiu en ocasións a literatura ou a visión popular, hai fidalgos que impulsaron a artesanía, a preindustria ou a industria, sendo o caso máis coñecido o de Reimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, e as súas tentativas por crear a primeira industria moderna de Galicia. Houbo outros menos coñecidos que posuían ferrerías, ou que importaban liño desde o báltico para o transformar aquí e logo comercializar os panos, lembra González, quen, no entanto, recoñece que foron máis casos individuais ou de liñaxes do que a actitude do grupo.
Cultivos indirectos
Dun xeito máis indirecto, a fidalguía tamén tivo a súa influencia na adopción de novos cultivos ao longo da Idade Moderna, aínda que nalgún caso foi ao seu pesar. Os foros establecían un pago en especie polo arrendamento da terra indicando a pagar. Entón se labrego tiña que pagar centeo e plantaba millo ou patacas, o cultivo quedaba exento do pago e podía quedar coa totalidade da produción. Entón moitos optaron polos novos cultivos porque eran máis rendibles lembra González. Co tempo, á hora de renovar os foros, adaptáronse os textos para gravar tamén os novos cultivos.
Lingua
En moitos casos tense presentado a fidalguía como un exemplo de estamento que contribuíu á castelanización do país, xa que unha grande parte dos textos escritos por membros deste grupo que conservamos están nesa lingua. No entanto, segundo apunta González non conservamos gravacións da época, polo que non sabemos ata que punto penetrara a lingua foránea entre os fidalgos. Os textos escritos, moitas veces vencellados á actividade laboral están fundamentalmente en castelán, mais emprégase case como un idioma de traballo. Fronte a isto, tamén é certo que os poucos testemuños en galego escrito que nos quedan da Idade Moderna foron escritos por fidalgos, sinala. E cita como exemplo a tradición poética que se desenvolveu entre as monxas do convento de Santa Clara de Monforte, de orixe fidalga. Durante preto de douscentos anos foron engadindo poemas que se conservan no arquivo, lembra González.
Pegadas
A existencia desta singular subcultura galega quedou comprometida coa decadencia deste estamento. Aínda que fidalgos segue habéndoos, coa fin do Antigo Réxime e a desaparición dos señoríos veu o ocaso, e entón faise difícil atopar restos actuais desta cultura. Como legado máis evidente están os propios pazos, parte xa fundamental da paisaxe do país e un auténtico referente estético e do luxo para xeracións de galegos. Do mesmo xeito que outras épocas teñen como referentes elementos como os castros ou os castelos, a Idade Moderna en Galicia é seguirá sendo o tempo dos pazos. Canda a esta pegada material, o mundo fidalgo deixou a súa pegada na creación cultural. Tanto a literatura do século XIX como sobre todo a da primeira metade do XX perpetuou a imaxe da fidalguía dos pazos. Autores como Pardo Bazán, Valle-Inclán ou Otero Pedrayo retrataron un mundo a desaparecer. Aínda que ese coñecemento hoxe está máis esvaído, o noso proxecto pretende precisamente actualizalo e transmitilo.