Eugénio de Andrade gaña o premio Celso Emilio Ferreiro

Por toda unha vida

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A producción literaria de toda unha vida valeulle a José Fontinhas, máis coñecido como Eugénio de Andrade o premio Celso Emilio Ferreiro. Un galardón dotado con cinco millóns de pesetas que organizan conxuntamente a Deputación de Ourense e o concello de Vigo.


Galardón

A calidade da súa obra, que se recrea nos movementos neo-realistas e surrealistas, foron algunhas das características que destacou o xurado que este ano lle outorgou o premio Celso Emilio Ferreir. O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, o concelleiro de Cultura vigués, Carlos González Príncipe, a escritora Luz Pozo en representación da Real Acdemia Galega, María do Carme Krukemberg, como secretaria e Luis Ferreiro Loredo, en representación da Fundación Celso Emilio Ferreiro, foron os encargados de escoller ente a gran cantidade de seleccionados.



Outros nomes

José Hierro e Carlos Bousoño na literatura española, Antón Tovar, Pura Vázquez e Manuel María en galego e Pere Gimferrer en catalán foron outros dos nomes que se presentaron a este certame. Nomes coñecidos que amosaron unha boa calidade na edición deste ano. Un premio que foi credo para conmemorar a obra e a literatura de Celso Emilio Ferreiro.


Un paseo pola poesía

Desde que con 13 anos Eugénio de Andrade (Póvoa de Atalaia, 1923), destacase a súa vocación pola literatura, a súa producción literaria non parou ata a actualidade. Toda unha obra que se acaba de publicar completa e que leva vendidos máis de 5.000 exemplares. Toda unha carreira que amosa a pegada da súa nai, quen foi o seu apoio fundamental no mundo da poesía.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, Deputación de Ourense, Concello de Vigo, Literatura...