"Continuidade e cambio". Asà resumiu Ramón Villares os obxectivos que está a marcar para o Consello da Cultura Galega durante a vindeira lexislatura. Villares, que foi electo onte polo Plenario da institución por terceira vez, sinalou que este serÃa o seu último mandato. Entre os proxectos, Villares salientou que se traballará por unha maior presenza da documentación e os arquivos do CCG na rede e anunciou a elaboración dun plan director do patrimonio das comunidades galegas no exterior. Internet foi un dos aspectos máis salientados por Villares, quen sinalou que era necesario incrementar a difusión da cultura na rede, "etiquetando" a cultura galega, a través de varios proxectos, como a Biblioteca de Clásicos en galego. Villares tamén adiantou que o CCG prestará atención á conmemoriación, en 2016, do centenario das Irmandades da Fala.