No século XVII, o estilo barroco, inspirado en Compostela, estendeuse en toda Galicia. Os retablos das igrexas rurais, ben barrocos, dispuñan entre as columnas salomónicas (as que son retortas) elementos do mundo natural, entre eles un tesouro ben interesante, reproducións ben fidedignas das vides que se prantaban no contorno. Un equipo do CSIC identificou as variedades ancestrais alà representadas.
Os cientÃficos do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (dependente do CSIC) estudaron as follas e acios representados en 101 retablos de igrexas, catedrais ou mosteiros das principais zonas vinÃcolas de Galicia e Asturias. Para a súa sorpresa, "nun número importante de retablos atopamos un alto nivel de realismo, precisión e fidelidade nas follas e acios representados con respecto aos reais", sinalou Carmen MartÃnez RodrÃguez, directora da investigación.
O estudo permitiu identificar catro variedades senlleiras de Galicia: a Loureira, a Tinta castañal, o Albariño e o Albarello".
A sorpresa do palomino fino
Un dos achados que máis sorprendeu no sector do viño foi unha das variedades representadas no santuario de "El Acebo", nas Fontes do Narcelo. Alà aparece unha variedade coñecida na actualidade na zona como "blanca extra" e que non é outra que o "palomino fino", unha variedade sureña coñecida pola súa gran produción e baixa calidade que se pensaba que fora introducida no XIX. O santuario revela a súa penetración en Asturias dous séculos antes. En Galicia non foron achadas representacións de palomino fino.
A metodoloxÃa do estudo permitirá estendelo por toda a PenÃnsula, detectando variedades autóctonas xa imprantadas no XVII.