Danse a coñecer os prazos e procedementos para facerse cun .GAL

A asociación puntoGAL presentounos esta mañá na Cidade da Cultura

A imprantación do punto GAL será realizada en catro fases, segundo manifestaron ohoxe á mañá Manuel González, presidente da asociación puntoGAL, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta e Xosé Antonio Gómez Segade, catedrático de Dereito da USC. A primeira fase, que durará do 1 de xuño ao 25 de xullo será o porgrama Pioneiros. Desde o 1 de xuño, a asociación aceptará candidaturas para este programa e se publicarán ata un máximo de 90 Nomes Pioneiros, que comezarán a funcionar o 25 de xullo. As seguintes fases serán Abrente e Carreira. No Abrente as entidades p úblicas e privadas poderán exercer o seu dereito preferente de solicitar o seu dominio. búscase protexer aos propietarios de marcase ás administracións públicas. Paralelamente a Carreira incluirá poxas por enderezos atractivos e dominios que non teñan dereitos preferentes. Por último en decembro, chegará a Fase Aberta, na que se poderán realizar rexistros sen restricións.