Foi un dos pioneiros do teatro galego e un dos impulsores da súa profesionalización. Francisco Taxes (Cereixo, Camariñas, 1942-A Coruña, 2003) finou o pasado xoves. Levaba dez anos retirado do mundo da escena, pero o seu traballo foi fundamental para que o teatro galego hoxe sexa boa parte do que é.
O teatro galego despedía este sábado a outro dos seus piares. Francisco Taxes puxo xunto con Roberto Vidal Bolaño (falecido o ano pasado), Manuel Lourenzo e Francisco Pillado as bases do teatro galego profesional. Foron eles os que lle deron azos e dignidade a que unha forma de facer espectáculos se convertese nunha forma de vida.
Taxes, que morría o pasado xoves na Coruña aos 62 anos de idade foi enterrado no cemiterio do seu Cereixos natal ante a presencia de familiares e amigos. Alí estaban Manuel Manquiña e Antonio Simón cos que renovou o panorama escénico da Coruña hai 25 anos; Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego; o cineasta Miguel Gato que adaptou ao cine un guión seu, Henrique Rivadulla Corcón, Gonzalo Martín Uriarte... algún dos membros da movida cultural e da tertulia do Cantón Bar que Taxes adoitaba a frecuentar.
Levaba retirado dos escenarios dez anos por mor do seu delicado estado de saúde, pero non da vida pública, dos bares nos que lle gustaba facer público o seu compromiso coa terra. De feito, o coruñés pub Dublín rendeulle hai pouco unha homenaxe na que estivo acompañado dalgúns dos seus amigos como Lino Braxe, Manuel Rivas ou Manquiña, que acudiron o sábado a Cereixo para despedilo. Nesta homenaxe tamén se estreou a súa última obra, Casta e albito.
Punto de partida
O velorio (1978) foi a primeira obra de teatro escrita por Francisco Taxes. E non só iso, é a peza que supuxo a inauguración do teatro profesional de Galicia, e é unha das obras máis representadas (con máis de 200 funcións). En todo caso, a obra de Francisco Taxes sentou un punto de partida a unha profesión que cumpre este ano o seu 25 aniversario.
E precisamente sobre este texto teatral andaba a traballar o Centro Dramático Galego que prepara Daquel abrente, nome do espectáculo conxunto co que a compañía pública pretende recuperar os textos e as figuras dos pregoeiros da Transición. Será o 18 de marzo cando o CDG recupere O velorio, unha obra que o grupo Troula estreou no colexio La Salle de Santiago en 1978. Naquela función inaugural participara Manuel Manquiña, que foi un dos seis actores que a puxeron en escena e que repite 25 anos máis tarde.
En Daquel abrente o CDG tamén vai recuperar Laudamuco, señor de ningures de Roberto Vidal Bolaño, que finou o ano pasado. Deste xeito, parece que se salda unha débeda do teatro galego cos que renovaron e consolidaron a escena galega tralo franquismo.
Unha achega ao teatro e ao cine
A obra de Taxes é bastante breve, sen embargo contén unha perspectiva comprometida coa realidade sociopolítica, amosando un interese por facer un teatro próximo ao pobo e dunha tendencia neorruralista. A súa primeira obra, O velorio achégase ás vangardas artísticas que triunfaban nos anos setenta e ao nacionalismo. E entre esta primeira obra e a última, Casta e Alvito, só figuran dúas obras máis. Son Lenta raigame e Caderno de bitácora. Unha obra breve pero fonda, que o converteron nun dos cimentos máis sólidos que tivo o teatro galego profesional. De feito, Francisco Taxes desenvolveu na Coruña unha faceta de compromiso e de normalización da práctica teatral semellante á que supuxo o seu amigo e compañeiro de promoción Roberto Vidal Bolaño en Santiago.
Pero Francisco Taxes tivo tamén a súa aproximación ao cine como guionista. Dun lado está O cadaleito, nunha adaptación dun conto de Ánxel Fole e, por outro lado, está O caso das galiñas aforcadas. Unha película que interpretaron Lino Braxe, Manuel Manquiña e Antonio Durán, Morris.
Pero o seu polifacético perfil non remata aquí. A toda a súa producción teatral e audiovisual haille que engadir os traballos en prensa (La Voz de Galicia, Faro de Vigo, A Nosa terra, Ajoblanco, El Orzan), no mundo da televisión (colaborador de Televisión de Galicia) e na radio (tivo dous espacios en RNE, Catro ventos de Radio 1, e O láparo cabileiro en Radio 4).