Celebrar o DÃa das Letras Galegas cun concerto é xa unha tradición do Consello da Cultura Galega. Por cuarto ano, a entidade programa para o vindeiro 16 de maio un recital en Lugo no que se explorarán os vencellos da música culta coa literatura do paÃs. A Real FilharmonÃa de Galicia, o grupo vocal Sólo Voces e o coro Collegium Compostellanum, dirixidos por Maximino Zumalave, interpretarán un repertorio no que se inclúe a estrea mundial dunha versión musicada de Penélope da man de Octavio Vázquez.
"Pezas musicais de compositores e autores lucenses ou vencellados parcialmente a Lugo, como é o caso de Filgueira Valverde, profesor nos anos trinta no Instituto da cidade". Asà explica o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o repertorio do Concerto das Letras que se celebrará o vindeiro venres 16 de maio no CÃrculo das Artes de Lugo ás 20:30 horas.
Malia a que este pode semellar un foco moi concreto para un concerto, na realidade o recital vai repasar a historia da música culta do noso paÃs. No mesmo interpretaranse "a Alborada do mindoniense Pascual Veiga, adaptada por Juan Durán; a peza Lonxe da Terriña, escrita polo rexionalista federal lugués Aureliano J. Pereira en 1888, musicada polo lugués Xoán Montes e adaptada tamén por Juan Durán; unha Serenata do insigne musicólogo nado en Lugo e logo exiliado en México, Xesús Bal y Gay" ou "as Cantigas de mar, escritas por Filgueira Valverde e musicadas por Roxelio Groba", resume Villares na presentación do programa.
Segundo explica o musicólogo LuÃs Costa, da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura o concerto "o frece un crisol verdadeiramente completo da creación musical culta galega, desde o século XIX ata a composición máis actual, ordenado cronoloxicamente na primeira parte e completado coa cantata de Groba na segunda. Son obras que poden ser consideradas como clásicas, en tanto que constitúen en todos os casos pezas de repertorio amplamente coñecidas en maior ou menor medida".
A estas propostas engádese unha estrea mundial, unha versión musicada do poema Penélope de DÃaz Castro, desenvolvida polo compositor galego residente en Estados Unidos Octavio Vázquez. Segundo apunta Costa, "o encargo realizado a Octavio Vázquez para a súa estrea mostra unha vez máis da vontade do Consello da
Cultura Galega para que cada unha destas ocasións sirva no só para recrear e
consolidar estes clásicos, senón tamén para acrecentar o corpus desta tradición
culta galega contemporánea".
A adaptación, segundo explica Costa, "é unha obra para coro e orquestra sobre o coñecido poema homónimo". E engade que a peza "de carácter estático e reflexivo, reflicte o sentidofondo e existencial do poema". O compositor, pola súa banda, apunta que “cando un pon música a un poema de tanta forza, o máis importante ao meu modo de ver é non subtraer do poema; é facer por penetrar na esencia mesma da obra, e dende dentro apoiala, sostela, darlle alento musical pero tendo conta sempre de non engadir, deturpar, ou terxiversar nada do que alà está”.
O recital inclúe un extenso programa, de máis de 20 páxinas, no que se repasan e explican todas as composicións e se inclúen as letras daquelas cantadas e mais as biografÃas dos diferentes grupos e intérpretes. Unha ocasión única para coñecer máis polo miúdo o traballo dos compositores galegos, e de balde para todos os interesados.
Programa, biografÃas, textos dos temas, introdución e notas ao Concerto das Letras 2014."Pezas musicais de compositores e autores lucenses ou vencellados parcialmente a Lugo, como é o caso de Filgueira Valverde, profesor nos anos trinta no Instituto da cidade". Asà explica o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o repertorio do Concerto das Letras que se celebrará o vindeiro venres 16 de maio no CÃrculo das Artes de Lugo ás 20:30 horas.